Broca in der Schulsprachenpolitik
DOI :
https://doi.org/10.55393/babylonia.vi1.1286Mots-clés :
1/2014Résumé
Neste artigo investígase como documentos recentes con relevancia político-educativa para o currículo de linguas estranxeiras remiten á investigación neurocientífica. Nun primeiro momento, discútense unha serie de exemplos con referencias xenéricas á “investigación cerebral”, mais sen referencias detalladas a outros estudos ou textos. A continuación, confróntase este recurso á investigación cerebral, que nalgúns círculos ten lugar de maneira case ritualizada, con documentos, sobre todo suízos, que citan de maneira concreta as súas fontes. O seguimento destas referencias bibliográficas mostra que se remite ben a aspectos irrelevantes ou ben a unha única publicación sobre un estudo levado a cabo en Basilea. Unha análise detallada deste último caso demostra que existe un abismo considerable entre as afirmacións que poden ser feitas a partir do estudo neurocientífico citado e as consecuencias que didactas e lingüistas tiran del.
Téléchargements
Publiée
Comment citer
Numéro
Rubrique
Licence
(c) Tous droits réservés Raphael Berthele 2014

Ce travail est disponible sous la licence Creative Commons Attribution 4.0 International .